domingo, 22 de abril de 2012

Semana do libro e da lectura 2012

  
LUNS 23

  • VENDA DE LIBROS NO RECREO
  • ACTIVIDADE COLECTIVA “PRENDAS LITERARIAS”
    Elaboración dun gran tendal no corredor central do instituto
MARTES 24

  • VENDA DE LIBROS NO RECREO

MÉRCORES 25

  • VENDA DE LIBROS NO RECREO
  • LECTURA CONTINUADA (DE 8.45 A 12.35)
  • LECTURA DE PROFES NO RECREO. Participade!

XOVES 26
  • VIDEOCONFERENCIA DE ROSA MARÍA CALAF. Vinculación entre a venda incontrolada de armas e a vulneración dos dereitos humanos.
    Horario: de 12 a 13 horas.
  • REPRESENTACIÓN DE RETRINCOS TEATRAIS
    Horario: de 13 horas a 13.25 e de 13.50 horas a 14.15
VENRES 27
  • INTERCAMBIO DE LIBROS ENTRE PROFES
  • APADRIÑAMENTO LECTOR
    Alumnado de 3º de ESO e algunhas alumnas de 4º,lerán contos, de xeito individual, a nenos e nenas de 2º ano de Infantil do CEIP Antonio Palacios. Os contos foron facilitados polo propio colexio e a biblioteca municipal.
Despois da lectura de Memorias dun neno labrego, o club de lectura Diverler do IES Ribeira do Louro do Porriño achegouse a Gres para falar co escritor Xosé Neira Vilas.Visitamos tamén a Insua de Pachín e o pazo de Oca.Agradecemos ao IES Pino Manso que nos emprestase a voz.

lunes, 16 de abril de 2012

Adiviña quen é

Xa podedes participar nunha nova edición de Adiviña quen é. Como é habitual, podedes consultar as bases e as pistas, con datos da súa biografía,  no enlace do IES Taboada Chivite. A imaxe é esta:



Sorte!

martes, 3 de abril de 2012

Biblioribeira está orfa. Deixounos o compañeiro Carlos Brandao, alento sempre para o noso labor e voz amable nas conversas arredor dos libros, dos proxectos, do futuro...
Hoxe a "Elegía a Ramón Sijé"  de Miguel Hernández faise pranto por ti.

jueves, 8 de marzo de 2012

viernes, 2 de marzo de 2012