miércoles, 16 de octubre de 2013

CLUB DE LECTURA DIVERLER

 

 Hoxe comezamos unha nova andaina do Club de Lectura que convocou a 40 rapazas e rapaces. 

As lecturas que inauguran esta nova edición son dous cómics, CARTAS DE INVERNO DE Antonio Seijas, baseado na obra homónima de Agustín Fernández Paz e EL CURIOSO CASO DE BENJAMIN BUTTON, baseado na obra de Scott Fitzgerald e adaptado por N DeFilippis e C.Weir.

O 14 de novembro xuntarémonos para comentalos.

 

BENVIDA

Grafitti en Vitoria-Gasteiz
 UN NOVO CURSO

Comezamos coa HORA DE LER  e o alumnado novo xa é socio da biblioteca.
Demos tamén as primeiras sesións de formación de usuarios/as da biblioteca entre o alumnado de 1º de ESO e apróxima semana farémolo co alumnado adulto.
A puntiño está de partir as mochilas viaxeiras...
E na semana da biblioteca, entre o 21 e 25 de outubro, agárdanos unha sorpresa!
                                                                                                          


BENVID@S TOD@S

jueves, 20 de junio de 2013

MESA DE EXPERIENCIAS NA XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

A nosa biblioteca e o noso Club de lectura estivo participando na Xornada Dos Clubs de Lectura, da man do responsable dos Clubs, o profesor Julio Abalde García.Neste vídeo podedes escoitalo a el e tamén a outros tres profes que falaron da súa experiencia nos Clubs.

miércoles, 19 de junio de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Xa temos as nosas recomendacións lectoras para o verán, desta vez mancomunadas, coas outras bibliotecas escolares integradas no PLAMBE:
IES Pino Manso, CEIP Antonio Palacios, CPI da Ribeira e mais nós.

Felices lecturas e bo verán!

http://issuu.com/biblioribeira/docs/veran2013_2_