miércoles, 16 de febrero de 2011

Nova lectura: Rapazas de A. Fernández Paz

A nova lectura para o grupo de 1º-3º da ESO é Rapazas de Agustín Fernández Paz.

¿Qué estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Qué sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Qué segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada adolescencia.



7 comentarios:

Jose Ramón dijo...

Pareceume un libro moi fermoso, no que trae varias historias nas que a protagonista sempre é unha nena. As historias tratan sobre os sentimentos das nenas, acerca da visita dun marciano a terra, o viaxe dun meteorito ata a playa que hai preto da súa casa, o racismo, etc...

Marta dijo...

Pareceume un libro moi interesante, xa que fala sobre a vida de diferentes rapazas en historietas. Mencionandose o racismo,a discriminación,o ecoloxismo..

Julio dijo...

Este libro é moi bonito , todas as historias son moi bonitas nas que a protagonista é unha nena . Alguna das historias trata de un marciona que ven a terra para ver o noso planeta adentrandose na vida de una nena, outra en que una nena encontra unha pedra na praia e pensa que é máxica ...etc

Modesto dijo...

Gustoume moito sobre todo o último que me pareceu o millor,ainda quedeime con ganas de mais libro porque é moi curto.

Carlos dijo...

El libro tiene capítulos muy interesantes y otros muy aburridos ;a mí el que más me gustó fue el primero porque es el más interesante.

Sara dijo...

Este libro trae varias historias ,todas son diferentes pero teñen en común que contan varias rapazas adolescentes as súas inquedanzas, falan da igualdade , do racismo encuberto....

Anónimo dijo...

Julio tubo muchas faltas de ortografia, y me parece que Carlos solo leyo el primer capitulo por eso dijo que los otros no le convencieron, porque no se los leyo.
Los que mas me gustaron fueron; el de Marta, el de Jose Ramón, y el de Sara.