martes, 31 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Na Hora de Ler do martes 31 de xaneiro estivemos lendo textos literarios que trataban o tema da paz.

Aquí tedes o manifesto que lemos nas diferentes aulas:

MANIFESTO POR UNHA CULTURA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


1.Respectar todas as vidas. Respectar a vida e a dignidade de cada persoa,sen discriminación nin prexuízos.

2.Rexeitar a violencia.Practicar a  non violencia activa, rexeitando a violencia en todas as formas:física, sexual, psicolóxica, ecónomica e social, en particular nos máis febles e vulnerables, coma os nenos e nenas e adolescentes.

3.Liberar a miña xenerosidade.Compartir o meu tempo e os meus recursos materiais cultivando a xenerosidade co fin de rematar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e económica.

4.Escoitar para comprender.Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural privilexiando sempre a escoita e o diálogo, sen acceder ao fanatismo, nin  a maledicencia e o rexeitamento do próximo.

5.Preservar o planeta.Promover un consumo responsable e un modo de desenvolvemento que teña en conta a importancia de todas as formas de vida e o equilibrio de todos os recursos naturais do planeta.

6.Reinventar a solidariedade.Contribuír ao desenvolvemento da miña comunidade, propiciando a plena participación das mulleres e o respecto dos principios democráticos, co fin de crear  xuntos novas formas de solidariedade.

No hay comentarios: