jueves, 22 de noviembre de 2012

Benvida do IES de Poio

-->
 Estas fermosas palabras da Vicedirectora do IES de Poio déronnos á benvida  ao encontro de Clubs de Lectura, que se celebrou o luns 19. Moitas grazas


Bos días a todos.
Faime moitisima ilusión recibir a tantos xóvenes que,ademais, son lectores. Faime ilusión porque eu son unha de vos. De feito a miña miopía débese, en boa parte, ao moito que lin, cando era pequena, debaixo das sabas coa axuda dunha linterna.

Anxos, coordinadora da biblioteca do IES de Poio pediume que vos dera a benvida para dar por inaugurado este día de convivencia, charla e festa que ides ter… pero a benvida virá ao final, porque en primeiro lugar quero vos dar os meus parabéns.

Parabens por ser lectores e todo o que iso implica: liberdade, pois é unha afición que se pode ejercer onde queiras, con quen queiras e co libro que queiras; variedade, xa que é unha maneira de escapar da monotonía cotiá; sorpresas dado que ninguén sabe que se atopa dentro dun libro, aforro: viaxar cun libro é moito maís económico que calquera low cost e moito máis seguro… e tantas cousas mais que proporciona un libro.

Noraboa porque non estades sós. Non só estades acompañados dun libro, tamén estades acompañados por quen é coma vos. Estades acompañados, e armados: os libros son as millores armas para a loita pola vida xa que vos proporciona argumentos para discutir e defender as vosas ideas. Se vos pertrechades de argumentos estaredes preparados para afrontar o futuro sen medo e con moitas posibilidades de sair victoriosos.

Parabéns porque ao expresar as vosas impresións sobre un libro tamén estades a crecer como adultos na tolerancia e no respecto., vos estades a facer Persoas, con mayúscula. E, ademais, o voso club, os vosos clubes teñen tanto ou mais poder que unha rede social.

Parabéns polos voso vicio. Ler é un vicio…e unha droga que fai viaxar, sí, pero a lugares onde outros non chegarán xamais e sen axuda mais que da imaxinación. Paradoxicamente é unha droga que crea dependencia, dando independencia. Non precisades de wifi, de cobetura, de batería… basta cun libro e xa tendes a voso alcance todo o que queirades ter: paixons, amor, venganzas, almas xemelgas, lugares exóticos, historia e historias… pero coidado, porque ahí están Don quixote, Enma Bovary, A Rexenta… que leron de mais… pero isa é,nunca mellor dito, outra historia.
Parabéns polos vosos profesores. Tendes a sorte de estar acompañados por outras “viciosas” que non só aman a lectura; aman o seu traballo e ámanvos a vos. Adican tempo, imaxinación, paciencia a vos. E non todos os xoves teñen a sorte de estar en mans de xente así.

Os meus parabens, agora sí, para eles, porque teñen a sorte, non so de traballar no que lles gusta, senón de disfrutar do seu traballo. E a vos, profesores, dinamizadores da lectura , non so parabéns senón tamén GRAZAS polo labor que faceces nos vosos centros, (en particular grazas as que traballan no noso centro, Anxos e Montse aquí presentes), traballo non recoñecido, ou non tan recoñecido como se debería, ás veces, pero, coido, un traballo ingrato xamais, pois saber que lles estades a abrir as portas da libedade, da madurez e do futuro aos vosos rapaces é recompensa abondo e motivo para sentirse mais que satisfeitos.

Grazas, agora, a vos, por ser non só lectores senón difusores da lectura co voso exemplo e a vosa valentía. Un día eu lles dicía a uns rapaces para convecelos para incorporarse a un clube que non “tiveran medo de saír do armario”; sairon e seguen lendo. E sabedes unha cousa? Cando mos atopo polos corredoiros creo que soríen máis co resto dos alumnos, que son máis felices (e, por suposto, son mais guapos que os que non len). É bo, as veces, ir contracorrente e non deixarse levar polo que fai a mayoría. Sodes especiais; agora só falta que vos decatedes de que a lectura vos fai diferentes.

E agora, sí, benvidos ao IES de Poio que vos abre hoxe as suas portas. Xa o dixo Cervantes: "quen lee moito e anda moito, moito ve e moito sabe; ler xa sabemos que ledes, agora tócavos andar e convivir todos xuntos. Ogallá hoxe escribades, entre todos, unhas fermosas páxinas dese gran libro persoal, único e intransferible que son as vosas vidas.

BENVIDOS A TODOS!!!

No hay comentarios: