martes, 19 de noviembre de 2013

25 de novembro: Cantamos xunt@s!

Conmemoraremos o 25 de novembro cantando A VOZ DAS AMIGAS  de LEILÍA con letra de Yolanda Castaño. Esta fermosa canción de solidariedade entre as mulleres está recollida no último disco , Consentimento e tamén en Cantigas de Mulleres


A miña voz, compañeiras,
non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.
A miña voz, compañeiras,
tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
Dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
A voz das miñas amigas
Dame folgos pra avanzar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

No hay comentarios: