
Próximo o día 10 de decembro, día en que conmemoramos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, coñecemos a noticia do pasamento de Nelson Mandela ( Premio Nobel da Paz en 1995).
Mandela destacou por loitar contra o dominio dos brancos e a segregación racial en Sudáfrica e foi o primeiro presidente dese país, escollido nunhas eleccións democráticas e non raciais, entre 1994 e 1999.
Xunto coa homenaxe das Bibliotecas Escolares de Galicia, deixamos unha fermosa canción de Chico César a Madiba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario