Make your own slide show at Animoto.
COMO SE FIXO A ÁRBORE DOS LIBROS on PhotoPeachmiércoles, 29 de mayo de 2013
DE PISTA A PISTA ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Un ano máis celebramos o Pista a Pista, adicado nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño. Velaquí tedes unha galería fotográfica da xornada.
DE PISTA A PISTA ROBERTO VIDAL BOLAÑO on PhotoPeach
DE PISTA A PISTA ROBERTO VIDAL BOLAÑO on PhotoPeach
miércoles, 22 de mayo de 2013
jueves, 16 de mayo de 2013
12 de maio, Día das Matemáticas
O alumnado de matemáticas elaborou este cartel onde podemos comprobar cantas mates hai na nosa vida, incluso na poesía.
Día das Mates 12 de maio on PhotoPeach
Durmían
as cifras a súa suma nos teus cadernos de contas
cansados
de traballar
coas
túas mans pequeniñas
(...)
(...)
tocabas
cun dediño un número que treme coma unha bolboreta
e
sabías que o seu corazón podía dividirse en tres partes.
Mirabas
talvez as cántaras do leite
e
revelábase a eterna forma do cilindro
ninguén
sabía que tres catorce dezaseis era un número pi
e
ti
xogabas
con el entre os grilos.
Volvías
da túa mente brillante
(...)
Olga Novo
FALSOS GRAVADOS DE AQUÍ
O alumnado de E. Plástica de 3º ESO B, dirixidos pola profesora Cristina Rodríguez , fixeron esta singular homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.
Parabéns!
FALSOS GRAVADOS on PhotoPeach
Parabéns!
FALSOS GRAVADOS on PhotoPeach
martes, 14 de mayo de 2013
viernes, 10 de mayo de 2013
Letras Galegas 2013
Alumnado de Educación plástica de 1º de ESO e Reforzo de lingua, dirixidos pola profesora Cristina Rodríguez, fixeron estes carteis ben chulos para homenaxear a Vidal Bolaño na Letras Galegas 2013.
CARTEIS LETRAS GALEGAS 2013 on PhotoPeach
domingo, 5 de mayo de 2013
Enredando versos: Crónica dun encontro “POÉTICO”
O 2 de maio resultou ser para todos os
asistentes ao encontro “Enredando versos” (poetas ,
organizadores e organizadoras, profesores e profesoras acompañantes,
alumnas e alumnos) intensamente poético, un día no que o sol luciu para
nós cal luciron as sensacións e sentimentos, as palabras que – rimadas e
non rimadas- voaron tal avelaíñas ao noso arredor mentres estivemos
xuntos.
Chegados ao auditorio de Sanxenxo,
tralas miradas inquedas e sorprendidas dos chicos e chicas (Onde me
trouxeron? Que me separan dos compañeiros! Quen son estes que van
comigo? ) situados xa por cores e obradoiros a primeira sesión de fotos e
logo ao local que nos corresponde. Os poetas ultiman as sesións, vanse
afacendo coa confianza do seu auditorio, vannos conquistando e
“enredando” cos seus xogos poéticos, cadaquen deles co seu estilo:
O rapeiro cos pequenos de A Lama e A
Florida, as chicas do obradoiro azul e laranxa vidas desde Compostela,
Raúl Vacas que ocupa a súa mesa cunha maleta, libros, cámaras, Carlos
Negro que reparte chocolate, tesouras e xornais vellos, Ledicia Costas
que nos fala de respecto e rimas, de perder a vergoña para versificar, o
son da guitarra de Lucía Aldao e a doce voz con aires da Costa da Morte
de María Lado e foron “enredándoos e enredándonos” coas hedras das súas
verbas; nalgún momento, o da composición, os silencios creativos sabían
a papel e bolígrafo, a nerviosismo e a satisfacción para conducirnos
suavemente á lectura en voz alta, ao poema colaborativo, a sabores e
colores en verso.
E chegou o descanso, a merenda co
reencontro, as opinións sobre as experiencias e preparados xa para o
recital de alumnos, alumnas e poetas…
Quen dixo que os adolescentes non son
creativos, que non lles interesa a poesía? Douscentos trinta rapaces e
rapazas de 6º de primaria a primeiro de bacharelato, de distintos puntos
do sur de Galicia escoitando e respectando as voces dos poetas, dos
compañeiros e finalmente unindo as súas voces para resucitar as palabras
que Rosalía escribiu hai 150 anos. Unha marabilla escoitalos e admirar
os seus rostros sorrindo.
Pero aínda non rematamos, hai que ir ao
mercado regalando poemas á xente da rúa, compartindo versos e caramelos
en caixas de medicamentos ante a tristeza, a soidade, a crise (que llo
pregunten aos alumnos de Dodro). E ante o mercado máis e máis versos …
“hai fame, son as tres e seguimos recitando versos”.
Por fin á praia, os bocatas, a tortilla e
a empanada, alimentamos a mente para recuperar palabras e rimas… e non
rimas. Descanso.
Son as catro e estes profes queren que
“colguemos” poemas das árbores, pois si, alá imos versos e máis versos
tendidos ao sol e ao vento na beira do mar, azul intenso no ceo e na
auga e as formas do papel, as palabras penduradas con pinzas de cores
decoradas polas axudantes da biblioteca do CEIP A Lama. Logo vén a
despedida, o manifesto poético, as voces de María, de Raúl e de Ledicia
e a mensaxe na botella que non quería entrar, as palabras querían
quedar con nós mais finalmente foron ao mar buscar novos roteiros para a
poesía nos beizos doutros adolescentes necesitados de sentimentos,
olores e sabores a mar.
O mellor agasallo: o sorriso dos chicos e chicas – os nosos protagonistas- durante toda a xornada e na hora da despedida.
(Fotografías de Rafael Sánchez Agostino, Xosé María Lores, Harold Iglesias e Anxos Rial)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)