Mostrando entradas con la etiqueta biblioribeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioribeira. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de diciembre de 2014

martes, 18 de noviembre de 2014

PELÍCULAS GALEGAS

Como sabedes, o venres 21 estréase a películaA esmorga do director galego Ignacio Villar. A seguir tedes algunhas películas galegas coa súa valoración en FilmAffinity

martes, 11 de noviembre de 2014

TWITTEANDO EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA

# nonmaltratoBE


CAMPAÑA DA BIBLIOTECA ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO


 As Bibliotecas escolares do IES de Poio e do IES Ribeira do Louro (O Porriño) convocan unha campaña en TWITTER de denuncia da violencia de xénero dirixida a toda a comunicade educativa (profesorado, alumnado, pais e nais e PAS). A campaña consiste en publicar en TWITTER un chío (máximo 140 caracteres): unha mensaxe, unha frase, un verso, un haiku, un micropoema, un microrrelato… co hastag #nonmaltratoBE co tema do rexeitamento da violencia de xénero. Ao tempo cada centro publicará no blog da súa biblioteca un widget co hastag do evento (liña de tempo ou muro twitter) para recoller a actividade da campaña. Biblioteca Escolar do IES Ribeira do Louro & Bibioteca Escolar do IES de Poio.



O SAMAÍN : QUE MEDO!

En torno ao Samaín elaboramos unha guía de lecturas de medo e misterio. Tédelas na biblioteca como ben mostra o vídeo:

e tédelas tamén no PINTEREST

jueves, 23 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. No cartel incluímos as propostas para este 1º trimestre.

sábado, 18 de octubre de 2014

VERSOS RECREADOS

HEIN D'IR


HEIN d'ir ó Pía Páxaro i a Boca do Faro
deitarme na Campa da Lucenza nun claro.
Hein d´ir á Devesa da Rogueira i a Donís
ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.
Hein d´ir a Lousada i a Pacios do Señor
a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.
Hein d´ir ó Cebreiro pasar por Liñares
rubir o Iribio a Cervantes i a Ancares.
Hein d´ir a Cido i a Castro de Brío
baixar i andar pola aurela do río.
Hein d´ir a Céramo cruzal´o Faro i entón
debrocar pra baixo cara Oéncia e León.
Hein d´ir a Vales i a Pena da Airexa
i a un eido solo onde ninguén me vexa.
                                                                                Uxío Novoneyra

HEIN D’IR
HEIN dír ó campo de Fabenlle
Deitarme nas ramas do cereixo da Devesa
Hein d´ir os Congros e a Soutela
As árbores da Xesta e as vides do Lugar
Hein d´ir o Castelo e os Terreos
As Bregañas e o Peso
Hein d´ir  a Carreira i o Campo do Muiño
Baixar e andar canda as présas
Hein d´ir a Carballo de Arriba i entón
Gabear as grandes rochas
Hein d´ir polo Monte Alto
I agocharme pra que ninguén me vexa
Roberto Martínez Lorenzo


Hei de ir á Cruz e á o Piñeiral
Deitarme na sombra da herba.
Hei de ir á Veiga do Monte
e ao O Monte do Balado.
Hei de ir á Poza da Cruz,
Sentarme na pedra alta,
Esperando a que anoiteza.
Hei de ir á O Monte Faro,
Subirme ao alto de Peña,
E ver o mundo que me rodea.
Hei de ir de volta á miña casa,
Budiño, Vitureira, Arrotea


Cristian Martínez

jueves, 16 de octubre de 2014

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA!

O martes 14 de outubro comezamos de novo cos Clubs de Lectura, iso si, un pouco sorprendidos pola afluencia de rapazas e rapaces...70!.Formaremos cinco grupos, tres en 1º Ciclo de ESO e 2 no 2º Ciclo, Bacharelato e Ciclos formativos. Leremos catro libros diferentes. Xa andan arredor de 40
libros rulando polo instituto. BOAS LECTURAS!




martes, 14 de octubre de 2014

Biblioribeira, unha biblioteca para as familias

A biblioteca do teu fillo/a é tamén a túa e nela atoparás:
  • Unha sala de consulta e lectura con materiais en libre acceso aberta nos recreos e os martes pola tarde despois das clases ata as 19.30 horas e en horario de Educación de Persoas Adultas.
  • Recursos electrónicos e informáticos con acceso a internet.
  • Mochilas viaxeiras con revistas, películas, música e lecturas para compartir en familia.(1º ciclo de ESO)
  • O catálogo en rede para consultas e reservas dende a casa:
  • O Blog da Biblioteca e conta de facebook con información e difusión das actividades que se fan no instituto relacionadas co libro e a lectura.
  • Un Club de Lectura no que podes participar. Se desexas anotarte enche o impreso e entrégao polo teu fillo/a na biblioteca.


Fomentar a lectura no compete unicamente aos profesionais da educación, tamén nas bibliotecas, nos fogares ou nas rúas xógase a sorte dun lector. 


JUAN MATA

HORA DE LER 2014-2015


1.PRESTA ATENCIÓN AO CALENDARIO PARA SABER OS DÍAS E HORAS NOS QUE, NO PRESENTE CURSO, SE REALIZARÁ A ACTIVIDADE.

2.SEGUE AS RECOMENDACIÓNS DO PROFESORADO PARA  AS LECTURAS

3.PODES ACUDIR AOS PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR, NOS RECREOS SOBRE TODO. A BIBLIOTECA NON FARÁ PRÉSTAMOS NO TEMPO DE LECTURA.

4.CUMPRIMENTA A FOLLA PARA QUE POIDAMOS COÑECER OS TEUS GUSTOS LECTORES...(TÍTULO DO QUE LES, DATA DE INICIO E REMATE DA LECTURA, ...)

 






Horas Luns Martes Mércores Xoves Venres
8,45
9,35
13 de outubro 25 de novembro 11 de febreiro 9 de abril 22 de maio
9,35
10,25
20 de outubro 2 de decembro 25 de febreiro 16 de abril 29 de maio
10,25
11,15
27 de outubro 9 de decembro 4 de marzo 23 de abril 5 de xuño






11,45
12,35
3 de novembro 16 de decembro 11 de marzo 30 de abril
12,35
13,25
10 de novembro 13 de xaneiro 18 de marzo 7 de maio
13,25
14,15
17 de novembro 20 de xaneiro 25 de marzo 14 de maio






16,00
16,50

27 de xaneiro


16,50
17,40

3 de febreiro