lunes, 2 de junio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: DE PISTA A PISTA

O 16 de maio celebramos as Letras Galegas facendo un xogo de pistas en torno ao poeta Xosé María Díaz Castro. Velaquí tedes unha galería fotográfica.

LETRAS GALEGAS 2014: DE PISTA A PISTA on PhotoPeach

VISITA DO CLUB DE LECTURA A PORTO

Os membros do Club de lectura visitamos o 22 de maio a cidade de Oporto. Visitamos lugares tan emblematicos como a Livraria Lello e Irmao, a biblioteca Almeida Garret ou  a Fundación Serralves. Deixámosvos aquí a galería fotográfica, unha selección de  poesía portuguesa e tamén unha mini-guía dos lugares que visitamos. Foi un día inolvidable!


VISITA DO CLUB DE LECTURA A PORTO on PhotoPeach

miércoles, 28 de mayo de 2014

O TEATRO NO IES RIBEIRA DO LOURO, EXCELENCIA EDUCATIVA

Desde hai varios anos o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro leva desenvolvendo a actividade de teatro, coordinada polo profesor Delio García Represas .Este ano participaron nun contrato-programa para acadar a excelencia educativa.

No ano 2014 puxeron en escena as seguintes obras:


O REI NU de Quico Cadaval e Cándido Pazó
Extraordinaria versión teatral do conto escrito polo autor danés Hans Christian Andersen. Tanto a narración como a peza de teatro fálannos da hipocrisía que se move ao redor dos ámbitos de poder e de que non ten por que ser verdade aquilo que todo o mundo pensa que o é.

EDIPO REI, de Sófocles
Os nosos estudantes atrévense con esta obra cume da literatura dramática. Escrita hai 2500 anos, esta traxedia grega fálanos, en primeiro lugar, da forza do destino: por moito que nos esforcemos na vida, hai elementos que non podemos controlar; e, en segundo lugar, da búsqueda da verdade por parte do gobernante a pesar dos riscos que para el iso poida supor: Edipo é o paradigma de gobernante honesto que inicia unha investigación sen volta atrás para descubrir o responsable dun crime. Isto vaille acarrexar consecuencias funestas, pero a cambio, a comunidade na que vive pódese salvar. Toda unha lección nestes tempos de corrupción política e económica.

CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño
O noso alumnado de 1º de Bacharelato representa un retrinco desta comedia negra, na que o mito de Frankenstein se traslada á sociedade actual. Nela, o monstro (a criatura) vaise cruzando con persoas que en moitos aspectos son máis raras ca el e que carecen de toda ética.

Parabéns a todo o elenco!

domingo, 4 de mayo de 2014

Encontro con Ledicia Costas

O pasado 29 de abril visitounos Ledicia Costas para falar d'O corazón de Xúpiter. Falounos da súa preocupación polo posible mal uso das redes sociais e a necesidade de contalo. Eila razón da súa novela.Neste vídeo tedes algunhas imaxes do encontro.

domingo, 27 de abril de 2014

SEMANA DO LIBRO 2014

Presentámosvos as imaxes das diferentes actividades que viñemos desenvolvendo na Semana do libro e da lectura:

Apadriñamento Lector.

Lectura continuada.

Recomendacións lectoras.

martes, 22 de abril de 2014

LECTURA CONTINUADA 2014

SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA

Celebramos a Semana do Libro e da Lectura con diferentes actividades



  • Decoración do corredor central do instituto con candís que recomendan libros. Participa todo o alumnado da ESO
  • Lectura continuada de textos literarios. Participa todo o alumnado do centro
  • Apadriñamento lector no CEIP Antonio Palacios. Alumnado de 2º de ESO le contos a nenos e nenas de 5 anos.
  • Visita da escritora Ledicia Costas. O grupo do Club de lectura estivo lendo a súa novela O corazón de Xúpiter.