martes, 31 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Na Hora de Ler do martes 31 de xaneiro estivemos lendo textos literarios que trataban o tema da paz.

Aquí tedes o manifesto que lemos nas diferentes aulas:

MANIFESTO POR UNHA CULTURA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


1.Respectar todas as vidas. Respectar a vida e a dignidade de cada persoa,sen discriminación nin prexuízos.

2.Rexeitar a violencia.Practicar a  non violencia activa, rexeitando a violencia en todas as formas:física, sexual, psicolóxica, ecónomica e social, en particular nos máis febles e vulnerables, coma os nenos e nenas e adolescentes.

3.Liberar a miña xenerosidade.Compartir o meu tempo e os meus recursos materiais cultivando a xenerosidade co fin de rematar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e económica.

4.Escoitar para comprender.Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural privilexiando sempre a escoita e o diálogo, sen acceder ao fanatismo, nin  a maledicencia e o rexeitamento do próximo.

5.Preservar o planeta.Promover un consumo responsable e un modo de desenvolvemento que teña en conta a importancia de todas as formas de vida e o equilibrio de todos os recursos naturais do planeta.

6.Reinventar a solidariedade.Contribuír ao desenvolvemento da miña comunidade, propiciando a plena participación das mulleres e o respecto dos principios democráticos, co fin de crear  xuntos novas formas de solidariedade.

UN GRUPO DE PROFESORAS DO PROGRAMA ARCE "EN EL PAÍS DE ALICIA" VISITA A NOSA BIBLIOTECA

O venres 13 de xaneiro, un grupode profesoras do programa ARCE (agrupaciones o redes de centros educativos) "En el país de Alicia" visitaron a nosa biblioteca dentro dos encontros de traballo que desenvolvían no IES de Poio. Velaquí tedes algúns enlaces a páxinas onde se recollía este evento:

http://enelpaisdealicia10.blogspot.com/2012/01/visita-arce-poio-v.html

http://enelpaisdealicia10.blogspot.com/search/label/ARCE

http://iesadesanservan.juntaextremadura.net/

http://www.educarm.es/verNoticia.php?n=5139&aplicacion=NOTICIAS&zona=PROFESORES&menuSeleccionado=

miércoles, 18 de enero de 2012

Nova edición de Adiviña quen é

Xa podes participar nunha nova edición do concurso Adiviña quen é, que organizamos en conxunto co IES Taboada Chivite de Verín. Esta é a imaxe:






E, coma sempre, podes ampliar información nesta ligazón ou ben consultando na Biblioteca.
Aproveitamos, ademáis, para felicitar aos gañadores da última edición.

lunes, 19 de diciembre de 2011

Nova lectura no club


Xunto con "O pintor do sombreiro de malvas", comenzamos a lectura de "El príncipe destronado" de M. Delibes. Podes consultar aquí para coñecer algo máis sobre esta obra e o seu autor.

domingo, 11 de diciembre de 2011

NOVIDADES DE CINE

NOVIDADES DE CINE on PhotoPeach

10 de Decembro: Día dos DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


Recomendacións de Nadal 2011