domingo, 4 de marzo de 2012

NOVA LECTURA DO CLUB DIVERLER

5 comentarios:

Mónica dijo...

O pasado 17 de abril os compoñentes do Clube de Lectura fomos a visitar a Xosé Neira Vilas e a súa fundación.Persoalmente,este escritor paraceume unha persoa natural e que loitou polo que quixo,xa que emigrou a América para traballar e conseguir libros.Contounos un pouco a súa vida e por último na súa fundación ensinounos as bibliotecas e un pequeno museo de obxectos de cando el era pequeno.
Despois fomos a ver a insua de Pachín,que por certo gustoume moito.E por último visitamos o Pazo de Oca,que tiña uns preciosos xardíns con bonitas flores e un estanque con ocas.O que máis me gustou desta saída foi coñecer ao maravilloso Xosé Neira Vilas.

Modesto dijo...

O 17 de abril de 2012 fomos
visitar a Xosé Neira Vilas un escritor galego moi famoso e a súa fundación en Vila de Cruces máis concretamente en Gres na casa en que naceu e pasoua súa infancía.Primeiro deunos unha pequena charla e despois respondeu as nosas preguntas.Tras iso ensinounos a casa antiga onde viviu que agora funciona de biblioteca e de museo por último,asinounos uns libros del e nós agasámoslle un libro con poemario e unha fotobiografía sonora que trataba de Celso Emilio Ferreiro,xa que son moi bos amigos, asinado por todos nós.Despois fomos a insua de Pachín en honor ao can do protagonista do libro que acababamos de ler no clube.Despois visitamos o Pazo de Oca e os seus xardíns onde estivemos moito tempo.O que máis me gustou foi coñecer ao escritor xa que para iso era a excursión.

Anónimo dijo...

O 17 de abril os alumnos do club de lecturafumos a coñecer a Xose Neira Vila na sua casa museo.A min o escritor pareceuma unha persoa boisima e nós nos trataba con moi boa educacion.Despois fomos aunhas islas, as que dicia o libro e despois fumos aos pazos de oca .

Nerea dijo...

O pasado 17 de abril, os nenos do clube de lectura, fomos a visitar a Fundación de Xosé Neira Vilas.
Él atendeunos amablemente e nós preguntámoslle algunhas dúbidas que tiñamos da súa vida é do libro "Memorias dun neno labrego"
Despois de marchar fomos andando á Insua de Pachín en memoria de Pachín, o can de Balbino no libro de Neira Vilas. Alí pasamos un rato, dando unha volta e logo marchamos no autobús.
Dirixímonos ata o Pazo de Oca, entramos e había uns xardíns fermosísimos. Botamos alí pouco tempo pero pasámolo moi ben.
Ao rematar voltamois para casa moi cansos e bastante contentos.

Anónimo dijo...

O rematar de ler "Memorias dun neno labrego"Visitamos o seu autor,X.Neira Vilas, na sua casa natal de Gres.Aquel lugar era o mesmo do libro: o río,a vexetación, as cores e sonidos.
O autor contestou as nosas preguntas e explicounos que emigrou para estudar, que saber máis era importante para coñecelo mundo mellor e deixar unha pegada do noso paso.
Escoitar a Neira Vilas e sentir a enerxía da sua loita continua,foi o mellor.