O próximo 1 de abril acompañaranos o poeta Fran Alonso. Falaranos de poesía despois de termos lido o seu poemario Cidades nas aulas .
Os seus cinco motivos para ler poesía ocupan un lugar preferente na nosa biblioteca porque a poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa..., na conversa e nas rúas.
Os seus cinco motivos para ler poesía ocupan un lugar preferente na nosa biblioteca porque a poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa..., na conversa e nas rúas.
O
importante da poesía,
continúa afirmando no seu manifesto, non
é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e
intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a
súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran,
as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas.
Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.
Este poema de Tortillas
para os obreiros (1996) sérvenos este ano para facermos nas aulas poemas re-creados para o proxecto Enredando versos en E-twinning.
Secuencia
A
Ás
oito da mañá comezo a facer tortillas.
Fágoas
todo o día,
con
e sen cebola,
soas
ou acompañadas de leituga e tomate,
ás
veces con chourizo,
moito
en bocadillo,
sobre
todo ás dez ou ás once,
tortillas
dos andamios para os obreiros
que
berran e traen as mans sucias.
Cómenas
con cervexa,
os
días grises, sentados trala barra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario