Secuencia
A
Ás
oito da mañá comezo a facer tortillas.
Fágoas
todo o día,
con
e sen cebola,
soas
ou acompañadas de leituga e tomate,
ás
veces con chourizo,
moito
en bocadillo,
sobre
todo ás dez ou ás once,
tortillas
dos andamios para os obreiros
que
berran e traen as mans sucias.
Cómenas
con cervexa,
os
días grises, sentados trala barra.
Tortillas
para os obreiros (1996)
Fran
Alonso
Ás
catro da tarde comezo coa videoconsola
Pasan
as horas
Con
ou sen amigos
Mato
inimigos solitarios ou acompañados por exércitos
As
veces francotiradores
Moitos
artilleiros
Sobre
todo grupos de dez ou vinte
Asasino
de azotea pra soldados descubertos
Que
berran e tentan chamar reforzos
Mais
gaño o xogo , xa están mortos
Así
paso os días grises sentado nun sillón
ROBERTO MARTÍNEZ LORENZO
Ás
sete , ao mencer , colle o seu violín ,
observa
as cordas ,
fainas
soar ,
e
pensa o que lle espera esa mañá,
pero
antes ,
moi
amodo ,
colle
o arco con descaro ,
mira
as notas ,
unha
a unha ,
e
fai soar , como se nada ,
eses
pentagramas .ANDREA PARDO LORENZO
1 comentario:
Videoxogos e música. Xenial! E humor, e lirismo... A poesía ten mil rostros distintos. Gustáronme moito.
Parabéns a todos e todas as que recreastes os meus poemas. Saúdos.
Publicar un comentario